venres, 6 de novembro de 2020

Recollida de pesetas ata o 22 de diciembre

Dende o Departamento de economía temos un aviso🙋. O 31 decembro de 2020 remata o prazo para cambiar pesetas por euros.

Os españois temos aínda sen trocar o equivalente a 1.610 millóns de euros EN PESETAS e este diñeiro pódese converter nun tesouro que pode cambiar a vida de moitas persoas. Trae as pesetas que teñas por casa e que carezan de valor; o recadado será doado á Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Ollo!!! mira ben o que traes, non vaia ser que teñas un tesouro na casa e non o saibas. Se tes algunha das da foto de abaixo...VALEN MÁIS DO QUE PENSAS.


Se tes dúbidas do seu valor, trae unha foto e axudámosche a saber o seu valor hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

viaje a la nieve

FORMACIÓN USUARIOS 1º TRIMESTRE

 Deixamos aquí unhas fotos da formación de usuarios que fixemos ó longo deste 1º trimestre. A biblioteca cada vez está mais chea ...de libro...